Son d’Aldea 2016

Santiago de Albá, Palas de Rei (Lugo)
2 e 3 de Setembro

Reserva a túa praza

Reserva canto antes a túa praza para participar nas actividades
e beneficiate do prezo anticipado de 25€

sondaldea2016

Que é Son d’Aldea?

Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa das persoas que se acheguen a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa) nesa xornada festiva.Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.
Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios do rural galego a mediados do século XX; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.
Esta xornada acompáñase dunha Mostra de Artesanía Alimentária e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea. Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.