Como chegar a Santiago de Albá

Son d’Aldea ten lugar en Santiago de Albá, Palas de Rei (Lugo) o primeiro venres e sábado de Setembro. Esta edición serán o día 1 e 2 de Setembro.

  • Todos os actos serán dirixidos pola organización e os participantes están supeditados ás súas directrices.
  • Aconséllase levar calzado cómodo e axeitado para camiñar pola aldea.
  • Os menores de 18 anos de idade deben estar acompañados por un adulto.
  • A organización resérvase o dereito a realizar pequenas modificacións no programa que irá publicando neste blog.
  • Dende o momento do pagamento da cota de inscrición, a Organización non realizará devolucións do importe desta en caso de non participación, sexa cal for o motivo.
  • En caso de suspensión por parte da organización da actividade antes do seu inicio, a Organización procederá á devolución do importe recibido por parte dos inscritos.
  • O mal tempo non será impedimento para a realización da actividade, se ben a Organización resérvase o dereito de suspender ou modificar actividades se o cre oportuno para a mellor realización da xornada.
  • A inscrición non inclúe seguro de accidentes.
  • O feito de realizar o pagamento da inscrición mostra a conformidade do participante con estas condicións.

Sen esquecer a todas e todos os voluntarios que traballan por facer posible cada ano o Son d’Aldea, nada sería posible sen ás e aos participantes.

Mostra o teu orgullo por ser d’aldea: Reserva a túa praza!!