Son d´aldea consiste nun roteiro teatral que discurre pola aldea de Santiago de Albá (Palas de Rei – Comarca da Ulloa), onde se visitan distintos escenarios que nos trasladan a vida cotiá do rural galego a mediados do século XX. En cada un destes escenarios acontece unha trama invitando, sempre, a participación activa dos asistentes.

Os actores principais que participan neste roteiro teatral, son os veciños da aldea de Santiago de Albá, coordinados pola compañía de Teatro Afecionado Metátese de Palas de Rei e grazas a eles, cada ano recreánse diferentes escenas propias do mundo rural galego a mediados do século XX.

Nos últimos dous anos, cada venres, deleitouse ao público cunha peza teatral ó aire libre representada por alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), na edición de 2012, TI+EU Teatro, na edición de 2013, e outros participantes na Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei dentro do proxecto “A herencia antropolóxica”. Na edición 2014, a peza teatral ao aire libre será representada por Alentía Teatro.

Ademais de teatro, en Son d´aldea tamén hai boa música xa que cada ano, o sábado pola noite, contamos coa participación dun grupo musical galego que ameniza o final desta idílica e máxica xornada. En edicións pasadas contamos coa A Banda da Balbina(Ano 2013), David Méndez (Ano 2013), Os Modernos (Ano 2012) e A Quenlla (Ano 2011). No ano 2014, contamos de novo coa presenza do mago David Méndez, e a actuación musical de Tanto Nos Ten.

Algunhas representacións